Xulio Ferreiro: “Temos que poñer o acento en proxectos para as maiorías sociais”

Xulio Ferreiro é un dos protagonistas da chamada primavera municipalista que alterou o
panorama político galego a partir do mes de Maio de 2015. Maxistrado suplente na Audiencia Provincial de Lugo, decide volver a se implicar politicamente após o terremoto político e social que supuxo o movemento 15-M, xurdido nas prazas do Estado español en 2011. Esta toma de partido lévao á alcaldía da Coruña, a cidade na que naceu e que gobernou durante catro intensos anos.

Despois da derrota da Marea Atlántica nas eleccións municipais de 2019, Ferreiro non toma posesión como concelleiro. A finais dese mesmo ano anuncia o seu abandono da primeira liña da política e retoma a súa carreira profesional como docente.

Na actualidade é decano e profesor titular de Dereito Procesual na Facultade de Dereito da
Universidade da Coruña. Reunímonos alí con el para falarmos sobre a experiencia municipalista, a complexidade do espazo de En Marea e a visión que, como xurista, ten de algúns debates que se dan no presente.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego