Lidia Senra ou Camilo Noriega son algunhas das persoas recollidas por Xosé Manuel Beiras na súa última obra, editada por Laiovento, ‘Retratos en fite’. Entre as páxinas deste novo libro aparecen plasmadas en palabras algunhas das persoas coas que Beiras tivo trato de amizade ou camaradaxe. Un dos primeiros contactos entre a obra, o autor máis o público lector terá lugar este mércores, 21 de setembro, na presentación da obra na libraría Couceiro de Compostela ás 19.30 horas.