O potencial da nosa lingua tamén se traballa máis alá das nosas fronteiras xeográficas. Sábeo ben o subdirector da Acción Exterior e Cooperación Transfronteriza (AECT) da Xunta, de Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, Xosé Lago, que está a liderar a comisión de galego no exterior dentro dos traballos de actualización do Plan Xeral de Normalización Lingüística. Sentamos con el na Biblioteca do Museo do Pobo Galego para falar de lusofonía, do galego estremeiro e da lingua na diáspora.



