‘Xorima, o documental’, este sábado en Nós Televisión

Lalo Baamonde, Carlos A. Celeiro, Queno Emil, Xosé L. Pernas e Xosé Ramón Vázquez compuxo o grupo de folk Xorima, fundado en Vilalba na década de 1980. Para recuperar a súa historia, nace o Proxecto Xorima que impulsou a creación dun libro, dun concerto de reencontro e o documental que este sábado, a partir das 21 horas, se poderá ver na canle de Nós Televisión en R, no dial 119.

A curtametraxe documental Xorima, dirixida por Sofía Naseiro, recopila toda a información sobre este mítico grupo folk vilalbés. Á súa estrea acudiron máis de 200 persoas en Vilalba e, pouco despois, recibiu o premio á mellor curtametraxe galega no Festival de Cine de Roca de Guitiriz 2022.

No documental, de 30 minutos, escoitamos aos membros do grupo e vémolos sobre o escenario nese reencontro do grupo que incentivou o Proxecto Xorima aproveitando a presentación do libro ‘Conversas arredor de Xorima‘.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego