Xesús San Luís, o poeta zapateiro

Aínda que invisibilizado nas páxinas da historia, Xesús San Luís Romero foi unha figura de alta importancia para a nosa cultura e o devir democrático da sociedade galega. Naceu o 9 de setembro de 1872 e a súa historia é a dun obreiro, a dun político, a dun poeta e dramaturgo, a de quen sufriu o cárcere polas súas ideas. A historia dun home republicano, galeguista e progresista que non quedou nin quieto nin calado.

O documental conta con voces como a do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o historiador e cronista, Xan Fraga; a poeta e integrante de A.C.Lumieira, Rosalía Fernández Rial, o actor amateur Antonio Rodeiro, do Grupo Teatro da Maía, ou o sobriño neto do propio Xesús San Luís, José Ramón San Luis Díaz.

Esta peza audiovisual non tería sido posible sen a participación do CEIP Xesús San Luís Romero coa especial aparición de Nagore Calvedo Espasandín e David Gómez Botana xunto con Paloma Delgado Botana, Aroa Varela Abelleira, Roberto López Colombo, Javier Golpe Villar e Joel Collazo García. A mestra Sabina Isabel Facal Pérez tamén resultou fundamental para a elaboración do documental xunto coa directora do centro, María Luísa López Losada.

 

Un documentario de Nós Televisión realizado para o Concello de Carballo

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego