A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de destacar neste mes de xullo a Xavier Queipo, biólogo e escritor nado en Compostela. O autor ten colaborado en medios de comunicación como o portal web Vieiros, a Revista das Letras, o semanario A Nosa Terra e Grial. Tamén sostivo unha columna de opinión no ‘Diario Cultural’ da Radio Galega. Dende o 2020, mantén unha colaboración semanal no Nós Diario.
En canto á súa obra literaria, cómpre destacar o Premio Xerais que gañou en 2011 coa súa novela ‘Extramunde‘ e en 2015, o Premio Blanco Amor con ‘Os kowa‘. Neste 2022 publicou ‘Final Feliz‘ coa editorial Xerais.