Xa somos máis de 9.000 subscriptoras e subscriptores na canle de YouTube de Nós Televisión!

A aposta de Nós Televisión pola difusión de contidos audiovisuais en galego a través da plataforma YouTube iniciada hai menos dun ano traducíuse nunha triplicación da audiencia nesta canle. Hoxe, xa suman 9.000 persoas subscriptas á canle e máis de 950.000 reproduccións.

Na comunidade youtubeira de Nós Televisión reúnense persoas de Galiza, Brasil e Portugal reunindo unha ampla experiencia lusófona que se deixa ver nos comentarios de cada unha das nosas pezas. Nós Televisión é, nestes momentos, o medio de comunicación privado en galego líder na rede de YouTube. Podes seguir a canle premendo aquí.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego