A Associaçom Galega da Língua (AGAL) vén de estrear na súa canle de youtube o documentario ‘O Diamante Galego‘, realizado por Nós Televisión, no que ao longo de 45 minutos nos aproxima ás relacións económicas galego-portuguesas, nomeadamento no espazo circunscrito ao Eixo Atlántico. O filme, que conta co apoio económico da Deputación da Coruña, tamén será publicado nos vindeiros días na canle de youtube de Nós Televisión.
Participantes
No documentario participan políticas e políticos da altura de Teresa Táboas, Pedro Puy ou Xesús Gamallo; presidentas das cámaras municipais de Tominho (Sandra González) e Cerveira (Rui Teixeira); analistas (Antón Baamonde, Diego Sande); directivos de organismos empresariais e institucionais (António Cunha, Xoán Vázquez Mao, Daniel Palau); e empresarios e ex-empresarios como José Ramón Pichel (de Imaxin-Software) ou Enrique Sanz Ponte (presidente da fundación Juana de Vega e ex-diretivo do Banco Pastor).
Equipo técnico
No equipo figura o escritor e poeta portugués cunha fonda relación con Galiza, Tiago Alves Costa, encargado de enfiar os contidos do documental coas súas presentacións a cámara. Tras das cámaras, Diego Frey e Roi Ribeira asumen a dirección do documental conformado por unha fotografía de Roi Barros e Pío Cribeiro. Eduardo Maragoto encargousa da produción executiva, Nano Besada dos gráficos e mapa xunto con Ana Viqueira na voz en off.