Xa podes ver o tráiler de ‘+Cuñados’ que chegará aos cines o 19 de abril

A comedia ‘+Cuñados’ chegará aos cinemas o vindeiro 19 de abril e para ir quentando motores, xa podes acceder ao trailer deste filme producido por Portocabo e distribuída por Baños Films.

‘+Cuñados’ conta cun elenco e equipo técnico galego e rodada integramente en Galicia, a película contará de novo con algunhas das caras máis recoñecidas e queridas do noso panorama audiovisual: Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Eva Fernández, María Vázquez, Iolanda Muíños ou Mela Casal. 

Nesta nova entrega a acción sitúase dous anos despois do acontecido na primeira película. Os cuñados vense envoltos nun novo e máis criminal enredo, esta vez co Entroido Ourensán como telón de fondo.

Unha comedia galega de éxito

Cuñados logrou a maior estrea na historia do cinema rodado en galego ata o momento, con máis de 120 salas no seu primeiro fin de semana. Conseguiu que miles de espectadores volvesen ao cine en tempos de pandemia e situouse como unha das mellores estreas españolas do 2021. Tras a súa viaxe por salas de cine, a película foi vendida a outros territorios internacionais como Grecia, Suíza ou toda Latinoamérica. Tamén percorreu ducias de localidades de Galicia, Portugal e outras partes de España, baixo os diferentes ciclos de verán que se realizaron.

Seguindo a estela de Cuñados, esta secuela propón de novo unha longametraxe que fale da cultura e idiosincrasia galega e da súa peculiar maneira de facer rir. Cun elenco e equipo técnico galego e rodada integramente en Galicia, +Cuñados continúa coa aposta por facer comedias familiares en galego.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego