Este sábado 1 de outubro celebrarase a Liga CeibaRimas que xuntará á escena galega de freestyle na Facultade de Ciencias de Comunicación de Santiago de Compostela. No evento, que arrancará as 18 horas, tamén contará coa actuación de C Mirazo, Ánima e XMaseda65. Se queres participar, podes inscribirte aquí.
A Liga CeibaRimas ten como obxectivo o fomento do uso do galego dentro da disciplina do rap improvisado e a creación dunha escena galega de freestyle. Poden inscribirse na Liga todas as persoas maiores de 12 anos que teñan dispoñibilidade para participar no evento.
Un xurado composto por tres persoas expertas en rap improvisado, cultura urbana e lingua puntuará a intervención de cada unha das participantes, segundo a súa intervención nas probas e atendendo a criterios coma ritmo, contido, coherencia, flow, métrica, adecuación á temática, resposta por rival, técnicas e posta en escena.
En canto aos premios, o terceiro será de 50 euros, o segundo de 150 euros e o primeiro de 300 euros que serán entregados en forma de tarxeta agasallo de Amazon.