Xa coñeces todos os programas que produce Nós Televisión?

Este Nadal, goza dos programas de Nós Televisión!

A lingua é un dos eixos centrais de Nós Televisión. Despois dunha longa etapa de 37 colaboracións en vídeo para a Rede Galega de Videoblogues, o presidente da AGAL Eduardo Maragoto e Nós Televisión decidiron ampliar a colaboraciónco programa Galego de Todo o Mundo, un formato producido pola equipa de Nós Televisión que aproxima as temáticas lingüísticas galegas ás persoas interesadas en Galiza e tamén á comunidade lusófona.

Outra das teimas desta equipa de Nós Televisión é a proximidade á xente. Seguindo este fío nace Inventario de Vespoideas en colaboración con Illa Bufarda. As vespoideas son unha familia de insectos entre as que se atopan as formigas e as avésporas. Tanto unhas coma outras son traballadoras e aplicadas e son un elo imprescindible do noso ecosistema. Nesta serie de programas presentámosvos as vespoideas más vespoideas de todas as vespoideas, persoas inventoras que coas súa imaxinación e enxeño crean e constrúen nun mundo no que parece que xa todo está feito.

E que sería de nós sen as melodías que nos moven? Desta volta, petamos na porta de GZ Música para que se una a esta rede do audiovisual en galego que aposta polo país. En cada programa, viaxamos para coñecer as novidades da música galega e en galego rematando co mellor videoclip do mes. É o único programa co que podes seguir as novidades da música galega e en galego.

E non só isto! Tamén temos os Conversas no Sant Jordi, os Retrincos, os Universo Galaxia, e dende logo, os Espazo Aberto da lingua e cultura galegas. Se non te queres perder ningún dos nosos contidos, subscríbete á nosa canle de Youtube! 

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego