O festival Maré, Músicas e Artes atlánticas acada este 2022 a súa maioría de idade cunha nova edición, que se celebrará do 21 ao 25 de setembro en Santiago de Compostela. Que mellor forma de chegar aos 18 anos que cun cartel cunha decidida aposta polas músicas mulleres?
As primeiras confirmacións do Maré 22 inclúen á mítica banda escocesa Capercaillie, que actuará coa Real Filharmonía de Galicia, a artista angolana Pongo, os brasileiros Orquestra Voadora e Chico César, o trío do Rajasthan Barmer Boys, as catalás Maruja Limón, a arxentina Sofía Viola e as galegas Guadi Galego e Antía Muíño.
Este mércores poranse á venda os primeiros abonos a prezo reducido e por un tempo limitado. Será a única oportunidade de adquirir este pase de acceso a todas actuacións que estará dispoñible na páxina web do festival maré.gal.