Xa coñeces as 22 propostas finalistas para os Premios Youtubeiras 2022?

‘Eduardita’ de Piratas sen Parche e ‘Falemos do Reino de Galicia’ álzanse como dúas das candidaturas con máis posibilidades de levarse un galardón polo seu labor no canal de Youtube. Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, veñen de desvelar as finalistas para os seus oito premios.

En total, 22 serán as propostas que disputarán os galardóns desta sexta edición, que dará a coñecer o seu palmarés o vindeiro sábado, 28 de xaneiro. Ese día, o Pazo da Cultura de Carballo acollerá a gala de entrega dos Premios Youtubeiras. A actriz e narradora oral Cristina Collazo será a presentadora e Laura Lamontagne & PicoAmperio encargaranse de lle pór música ao evento.

Aumento de participación

A organización de Youtubeiras destaca a concorrencia acadada neste 2022. Presentáronse a concurso 74 canles. Cómpre salientar que 45 delas non se inscribiran con anterioridade aos premios e gran parte son de recente creación. A cifra deste ano duplica a que se logrou en 2021, edición na que se postularon 38 canles. A estes datos hai que lles sumar as 39 canles que foron propostas por usuarios e usuarias das redes sociais para o Premio do Público. Dende o punto de vista cualitativo, a organización e o xurado sinala o alto nivel técnico que se rexistrou, así como a diversidade temática, o amplo rango de idades das persoas participantes e o potencial para se converteren en referentes da rede galega. Ano a ano, a comunidade creadora de contidos no Youtube no noso idioma medra en todos os sentidos, fornécese de novas voces que abordan todo tipo de materias e continúa a innovar con novos formatos.

Coñece as finalistas!

1. PREMIO CANLE
Toxío
Tonio Cociña Galega
Fica Coa Bola

2. PREMIO YOUTUBEIRA
Anxo Sánchez
Neeumátiko
La Bisonte

3. PREMIO VÍDEO
‘A Moura’, da canle Contos de Santalla
‘Bury your gays (Enterra aos teus homosexuais)’, de Henfunk Studio
‘Eduardita’, de Piratas sen parche

4.YOUTUBEIRA/O REVELACIÓN
Marcos Borragueros
Histérikas Histórikas
Falemos do Reino de Galicia

5. PREMIO CALIDADE LINGÜÍSTICA
Media Laranxa
Falemos do Reino de Galicia
Webserie Cóntallo a Cambados

7. PREMIO PIONEIRO
Noticia dispersas
Gallifrey Ceive
Pingado Laura Veiga

8.  PREMIO REDES
Proxecto R.E.D.E.S.
A Lobeira Today
Exército Mekemeke

9. PREMIO DO PÚBLICO
‘Bembibre coas Tanxugueiras’, de Xabi Gómez e Sara
‘Mitos e ritos do tempo de Defuntos. Conversa con Lidia Mariño’, de Orgullo Galego
‘Eduardita’, de Piratas sen parche

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego