A equipa de Nós Televisión anímavos a desfrutar destes días feriados da man do audiovisual galego contando cos contidos que levamos pendurado na nosa canle de youtube con documentarios que percorreron o país como BRAVÚ XXX ou mesmo series web como ‘Nosoutras, as mulleres da revista Nós‘, que contou cunha nominación na última edición dos Premios Mestre Mateo. Descobre todos os contidos tanto na nosa web coma na nosa canle de youtube. Entre tanto, aquí vai unha pequena selección de contidos para ver:
Galego de todo o mundo
Un programa onde se aborda á lingua galega desde a lusofonía baixo a dirección e presentación de Eduardo Maragoto
BRAVÚ XXX
Un documental musical conducido Xurxo Souto no que percorremos o país e o tempo para abordar a historia do movemento Bravú.
Maridos e Sodomitas
Este documental repasa non só a historia do Reino de Galiza senón tamén da homosexualidade. Un filme conducido por Carlos Callón, quen elaborou a investigación e o guión desta peza audiovisual.
Rostros do País
Un programa de entrevistas realizado pola equipa de Nós Televisión a figuras que conforman a nosa historia cultural contemporánea.
Pacto polo galego
Unha serie de entrevistas que dan voz e visibilidade á axentes da lingua arredor da actualización do Plan Xeral de Normalización Lingüística.