Virxinia Pereira na vida de Castelao – Unha conversa con Montse Fajardo

Virxinia Pereira foi a muller que casou con Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Acompañouno e axudouno, a nivel persoal, familiar e político. Cun perfil claramente antifascista, nacionalista e republicano, xogou un papel moi importante na súa vida, carteándose con galeguistas do momento, vivindo o exilio e defendendo o seu legado despois da morte.

Aproveitamos que neste 2025 se celebra o Ano Castelao para conversar coa xornalista e investigadora Montse Fajardo, autora do libro ‘A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira’, e poñer luz sobre esta figura, sobre a que recaen moitas veces historias que non atenden á verdade.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego