‘Vidas Paralelas’, o proxecto que recupera a memoria de personalidades galegas e portuguesas

Ivo Castro, catedrático da Universidade de Lisboa (e doutor honoris causa pola USC) e Henrique Monteagudo, profesor da Universidade de Santiago, foron os encargados de abrir o ciclo ‘Vidas Paralelas’, na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa. Con este punto de partida, continuarán máis conversas entre autores galegos e portugueses dentro deste encontro cultural entre a filoloxía galega e portuguesa.

No coloquio que tivo lugar onte, xoves, en Lisboa comentáronse as traxectorias académicas e vitais conxuntas de Ivo Castro e Henrique Monteagudo, e abordaron as “vidas paralelas” dentro doutras: a relación epistolar entre as históricas personalidades de José Leite de Vasconcelos (1858-1941) e Andrés Martínez Salazar (1846-1923).

‘Vidas paralelas’ é unha iniciativa da Cátedra de Estudos Galegos da Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa en colaboración co Consello da Cultura Galega.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego