Víctor Moscoso: deseño gráfico, sexo, drogas e rock&roll!

O rostro da psicodelia dos anos sesenta foi pintado por un galego. Tratábase dunha época de axitación e mudanzas nos Estados Unidos na que cobraba forza a contracultura, un movemento que foi crecendo ao carón da loita polos dereitos civís, as protestas contra a guerra en Vietnam, a busca de modelos de vida alén do capitalismo, unha crecente industria das drogas recreativas e unha mocidade activa.

Dentro dese movemento da contracultura figura un dos deseñadores máis influíntes do século XX, un creador que fuxiu de Galicia cando era neno tralo golpe militar fascista do 36. El é Víctor Moscoso.

Ata outubro de 2021, a cidade da Coruña acolle a primeira exposición que se realiza en Europa sobre a figura de Moscoso. Achégamonos á exposición, á psicodelia, á contracultura, á Víctor Moscoso xunto ao sexo, ás drogas e moito rock&roll. Benvidas e benvidos á psicodelia de Moscoso!

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego