‘Rosalía Feminista’, é o título do primeiro programa do ‘Vía Rosalía’ de Nós Televisión. A poeta Luz Fandiño e a música María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés, conversan sobre a importancia que a obra de Rosalía de Castro tivo nas súas traxectorias e o fundamental que foi o seu pensamento para o feminismo galego.
A imaxe da escritora galega, e universal, segue a ser en grande medida deturpada para ocultar a forza das súas ideas, por iso sempre é enriquecedor volver a aprender con Rosalía. E que mellor xeito de facelo que con dúas representantes do mellor da cultura galega actual. O Rabelo, coa forza do seu rap regueifeiro, encargouse de pór a banda sonora deste programa imprescindíbel.
Este programa non tería sido posíbel sen a colaboración do Departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra, o Concello de Padrón, a Casa Rosalía e Illa Bufarda.