Os vindeiros 17 e 18 de novembro cumpriranse 105 anos da celebración da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala. Con este motivo, a entidade Vía Galega chama a colocar a bandeira galega en fiestras e varandas de todo o país durante a semana do 13 ao 18. Desde Vía Galega destacan na “necesidade de impulsar campañas para divulgar o uso dos nosos símbolos, os únicos que nos identifican e recoñecen como pobo, que fortalecen a nosa conciencia e cohesión nacional e contrarrestan a invasión da simboloxía española”.
Vía Galega vén promovendo diferentes campañas e iniciativas para propagar e popularizar os nosos símbolos do país, nomeadamente o himno e a bandeira.