Véndese litoral. A Coruña deféndese

A historia dun espolio. A historia de como os intereses especulativos priman sobre a cidadanía. Unha historia que comeza a reescribirse grazas ao pulo das e dos veciños

É a historia dun espolio. Un percorrido pola memoria colectiva da Coruña e a loita cara un futuro mellor. Como deconstruír o relato oficial do capitalismo depredador e dos seus importantes altofalantes: o bordo litoral da Coruña é da cidadanía e foi espoliado durante a segunda metade do século XX para favorecer, única e exclusivamente, ao poderes económicos.

A través deste novo traballo audiovisual de cincuenta minuto, dirixido por Xosé Bocixa para Nós Televisión, reflexionamos sobre a loita pola recuperación deste espazo arrebatado. A cidadanía é a protagonista; o motor que, desde hai tempo, quere plantar cara ao poder e á especulación. Dámos voz ás e aos protagonistas desta loita social da Coruña: veciñas, veciños e ás principais asociacións e plataformas que manteñen viva á defensa da devolución gratuíta dos terreos así como ás principais figuras da política da cidade.

O futuro do bordo litoral da Coruña: a loita pola recuperación

A Coruña é hoxe unha cidade pechada ao mar. De feito, ata os anos corenta, na zona do Parrote había unha praia e as privatizacións realizadas durante o franquismo arrebataron o que era de todas e todos. O que era de dominio público pasou, de xeito gratuíto, a mans privadas. E así ata a actualidade. En Véndese litoral visibilizamos o pasado, o presente e o futuro do bordo litoral da cidade

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego