Uxío Breogán Diéguez, Aurora Marco e Xosé Ramón Pena, na segunda xornada da A. C. O Galo sobre o Seminario de Estudos Galegos

A Asociación Cultural O Galego ten en marcha a xornada ‘Seminario de Estudos Galegos 1923-1936. O estudo como instrumento para o cambio político-social’ para dar visibilidade ao centerario desta entidade e como agradecemento ao labor que desenvolveron inventariando o país e divulgando os seus coñecementos científicos arredor da realidade galega.

Xa desenvolveron unha xornada o pasado 20 de setembro e, este mércores, día 27, será a quenda do segundo evento que terá lugar ás sete da tarde na libraría Couceiro de Compostela. Nela intervirán con cadanseu relatorio e responderán as preguntas do público:

Uxío Breogán Diéguez (prof. e director da cátedra de Memoria Histórica da UdC ): O SEG e o seu compromiso político con Galiza.

Aurora Marco (prof. da USC e investigadora): Mulleres no SEG.

Xosé Ramón Pena (prof. da UNED): Os novos contra os avellentados. A literatura de noso na xeira do SEG.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego