“Non abonda o conceptual senón que cómpre levalo á práctica e iso precisa de determinación política”, sostén o deputado de Mobilidade Uxío Benítez que insta aos concellos pontevedreses a unirse á filosofía do Plan Ágora.
A concepción do espazo público como un dereito fundamental da cidadanía e a colocación da vida das persoas no centro da xestión política vertebran a ollada de Benítez. Afondamos co deputado neste Plan da Deputación de Pontevedra, unha brúxula coa que camiñar cara o 2023 tendo a recuperación do espazo público no centro de cada paso.