Unión Fenosa: a vida e morte dunha empresa que algún día foi galega

A historia dunha desposesión. Unión Fenosa, a que foi unha das maiores empresas galegas e do Estado e que finalmente acabou sendo "arrebatada polo capital español"

Un veciño de Compostela, Adrián Dios Vicente, vén de presentar a súa tese de doutoramento sobre a historia de Unión Fenosa e das políticas eléctricas galegas. “Galicia é unha potencia enerxética, o problema é máis ben de capacidade de decisión”, explícanos o doutor en económicas. “O capital español arrebatounos unha das maiores empresas que tiñamos“.

Unión Fenosa foi fundada no ano  1982 tras a fusión de Unión Eléctrica e Forzas Eléctricas do Noroeste S.A. (FENOSA). A que comezou como unha empresa eléctrica tradicional acabou sendo unha empresa transaccional multiservizos en cuenstión de décadas, e hai menos dun ano, pasou a ser coñecida como Naturgy. As diferentes estratexias de crecemento e de internacionalización así como os intereses bancarios e dos diferentes propietarios, afastaron a empresa galega cara Madrid.

“Unión Fenosa vive en primeira persoa a descapitalización que vive Galicia en termos empresariais”, cóntanos Adrián Dios, “Era unha das cinco empresas de maior tamaño de Galicia a comezos dos anos 80, e sen embargo vimos como desapareceu e a toma de decisións se centrou noutros territorios“. Algo que, neste sentido, considera que hay que “reflexionar”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego