Unha publicación do Museo Provincial de Lugo achega novos datos sobre María Corredoira

O Museo Provincial de Lugo presenta unha publicación sobre María Corredoira, pintora que formou parte do Seminario de Estudos Galegos, e que recolle datos inéditos sobre a biografía e a traxectoria artística.  A deputada de Cultura Iria Castro participou a na presentación do libro catálogo ‘María Corredoira’ que documenta a mostra retrospectiva realizada no Museo Provincial de Lugo a pasada primavera e o traballo de investigación desenvolvido para o proxecto expositivo dentro do programa (Re)coñecer? (Re) presentar? (Re)distribuír?.

O catálogo María Corredoira

Trátase dun catálogo razoado, coordinado pola directora do Museo Aurelia Balseiro, que, ademais de recoller inclúe apuntamentos biográficos e da traxectoria artística de María Corredoira, resultado da pescuda arquivística realizada, entre outras fontes, no arquivo do Museo Provincial de Lugo.

Novos datos sobre a artista

Entre outros aspectos, constátase que a data de nacemento da autora é o 18 de maio de 1888 -e non de 1893, como se extendeu na historiografía –, así como a súa vinculación con Xiá, no concello de Friol, de onde era orixinario o seu pai, Alfredo Corredoira Ruíz.

A publicación, que inclúe tamén unha bibliografía que recompila os traballos realizados sobre a artistas, supón así unha importante achega ao estudo e á difusión da obra dunha das autoras máis destacadas da arte galega do século XX e pioneira na docencia artística e na incorporación ás institucións representativas da arte galega, como a RAGBA.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego