Un país de cinzas

Outubro de 2017: unha desfeita ambiental. Sete testemuñas dunha desastre que non é a primeira vez que acontece no noso país

Desde Galiza Contrainfo presentan unha reportaxe documental gravada a semana seguinte da desfeita ambiental dos lumes de outubro de 2017. Neste traballo audiovisual de urxencia, conversan con sete testemuñas dunha desastre que non é a primeira vez que acontece no noso país.

Un traballo documental de GalizaContrainfo sobre a terrible vaga de lumes do 2017

As protagonistas desta historia son Miguel Ucles, bombeiro e presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia, Elena Buch, fotógrafa e veciña da Insua, en Pontecaldelas, María Lado, escritora e veciña de Coruxo, Raquel Bastos, paisaxista e veciña do Freixo, Cesar Freiría, músico e veciño do Freixo, Xabier Vázquez Pumariño, biólogo ambiental e ecoloxista, e José Manuel Vázquez, da directiva da Comunidade de Montes de Tameiga.

“Un país de cinzas” gravouse en pouco máis de 72 horas como traballo de urxencia, sabemos que faltan olladas e voces, pero quixemos achegar un pequeno gran de area para difundir os ecos da catástrofe e o que facer, porque non podemos resignarnos a que a nosa terra se converta nun país de cinzas. Por iso fixeron proxeccións por toda Galiza (e mesmo en Madrid), tecendo rede e coñecendo experiencias de defensa do territorio, resistencias fronte a ausencia de política forestal da Xunta.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego