Un novo equipo liderado por Jon Amil asume a dirección da AGAL

A asemblea das socias e socios da AGAL, que se reuniron esta fin de semana no Museo do Pobo Galego, escolleu por ampla maioría a Jon Amil como novo presidente da organización. Amil, coñecido activista pola lingua, encabezou a candidatura ‘A nossa língua comum’, a única que se presentaba para continuar o traballo xa emprendido pola AGAL nestes últimos anos.

Na asemblea, Jon Amil presentou o seu programa que, aínda que busca continuar coas liñas marcadas até o de agora, engade novos focos de actuación como a busca de participación de persoas con identidades non hexemónicas, como é o caso do colectivo LGTBIQ. Outra vía de traballo céntrase na difusión do reintegracionismo nas redes sociais e o galego na infancia.

Este novo equipo que vén de asumir a dirección da AGAL está composta por persoas que xa formaban parte do anterior Conselho como é o caso de Eduardo Maragoto, João Lousada, Susana Álvarez, Vítor Garabana e novas incorporacións como Manuel Simón Nóvoa, Wika Grygierzec ou Mar Lopes.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego