Ugia Pedreira, coñecida artisticamente como A Pedreira, nace no mes de febreiro de 1970. Ela é unha compositora fundamental da nosa música.
A súa presenza colle forza nos anos 90: no folk con Chouteira, mais tamén vinculada ao rock da man de bandas como Xenreira, Nenas da Revolta e Matraca Perversa.
Nos 2000 crea o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, unha referencia no país. Neste centro nacen proxectos como Nordestinas ou Marful.
O seu primeiro disco en solitario, Segmento Cantábrico, publícase en 2022. Dous anos despois, lanza Basal: un universo musical, poético e afectivo, cos coidados no centro e a terra na base. Entramos no Garaxe Land, en Compostela, para falarmos un chisco dese cosmos diverso que emana da Pedreira.