Audiovisuais sobre as relacións entre Galiza e Portugal

Ao fío do 25 de abril, no que se conmemorou o día da Revolución dos cravos, reunimos varias pezas audiovisuais sobre a relación entre Galiza e Portugal que se poden ver en Nós Televisión. En primeiro lugar, destaca o documentario O diamante galego, sobre as relacións económicas entre os dous países, que podedes ver na nosa canle de youtube.

Zeca 1972 Galiza‘ é outra das opcións que vos propoñemos. O 10 de maio de 1972 o Zeca tocou en Compostela por vez primeira o Grândola. José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos fai parte da nosa historia. O Zeca forxou un vínculo co pobo galego que vai máis alá dos concertos e das amizades.

A fronteira escrita‘ é outro documentario tamén interesante para ver nestes días. Un audiovisual realizado por Vanessa Vilaverde Lamas, Eduardo Maragoto e João Aveledo que podedes ver en Nós Televisión.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego