‘Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros’ de Vicente Risco, ‘Un ollo de vidro. Memorias dun esqueleto’ de Afonso Daniel Rodríguez Castelao e ‘O purgatorio de don Ramiro’ de Ramón Otero Pedrayo compoñen ‘Tres contos de ultratumba’. Esta publicación, que recolle os principais da Xeración Nós, conta cunha adaptación para o público escolar polo que conta con actividades didácticas para que a mocidade se aproxime á lectura dos clásicos galegos.
A obra presentarase este martes ás 17.00 horas no IES de Sar, en Compostela, e contará coa presenza da Fundación Otero Pedrayo, a Fundación Castelao e a Fundación Vicente acompañados polo Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García.