Trece editoriais galegas participan da Feira Internacional do Libro en Alemaña

Trece editoriais galegas participan esta semana na Feira Internacional do Libro que se celebra en Frankfurt (Alemaña) ata o 23 de outubro, con España como país invitado. A Consellería de Cultura colocou a disposición dos profesionais galegos unha caseta no que poden mostrar as últimas novidades para o público e realizaranse reunións profesionais con axentes procedentes de diversos países do mundo.

Por exemplo, este xoves a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia presentan ‘A Escola de Letras’, un proxecto formativo arredor da literatura e a escrita literaria, pioneiro en Galicia e sen moitos precedentes no conxunto de España. A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra é un proxecto que pretende constituirse nun motor de actividades centradas na Literatura, na Escrita Creativa e no goce da palabra.

As trece editoras presentes este ano en Frankfurt son Almacén de Fábulas, Editorial Bululú, Catro Ventos, Demo Editorial, Dos Acordes, Doutor Alverio Editora, Edicións Fervenza, Lúdica, Medulia, OQO Editora, Small Station e Teófilo Edidiciones.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego