Todo preparado para a gran gala aRit[t]mar que se celebrará no Auditorio de Galicia

A gala do certame aRi[t]mar terá lugar mañá, martes, 10 de outubro, ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia en Compostela. A gala reunirá ás vencedoras do Premio á Mellor Música do Ano na Galiza, Fillas de Cassandra; os vencedores do Premio á Mellor Música do Ano en Portugal, Retimbrar; a vencedora do Premio á Mellor Poesía do Ano na Galiza, Arancha Nogueira; e a vencedora do Premio á Mellor Poesía do Ano en Portugal, Maria Isabel Fidalgo; e os representantes da Associação José Afonso (AJA) e da AJA-Galiza, distinguidas nesta ocasión co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona.

O festival é aberto ao público por orde de chegada, sen necesidade de convite nin reserva previa.

Organización

A gala está organizada pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, Agrupamento de Cooperación Transfronteiriza Galiza – Norte de Portugal, Deputación da Coruña e Instituto Camões.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego