Todo preparado para a gala final do certame ‘Quero cantar’ que se celebrará este domingo no Teatro Colón

O Teatro Colón da Coruña acollerá este domingo, 23 de abril, a gala final do certame ‘Quero cantar’ á que asistirán as seis formacións finalistas das categorías infantil e xuvenil que subirán ao escenario para interpretar os temas cos que optan ao primerio desta sexta edición do certame que organiza a Deputación da Coruña.

A gala será presentada pola actriz Soledad Felloza e actuarán as gañadoras da anterior edición, a banda Bonhomía e a solista Noelia Perpetuo. As premiadas nesta edición levarán a gravación dunha maqueta nun estudo profesional, un videoclip coa canción gañadora xunto con material musical e produtos culturais en galego por valor de entre 500 e 1.500 euros. O xurado que decidirá as gañadoras está composto por rapazada da mesma idade das concursantes que proveñen dos concellos de Ames, A Laracha, Cortegada e Compostela.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego