Todo o que debes saber desta primeira edición de Coruña Arte Aberta (CAbe)

A Coruña prepárase para vivir catro días envolta en arte contemporáneo. O festival Coruña Arte Aberta (CAbe) arrancará este xoves, 17 de setembro, e seguirá ata o domingo día 20, repartindo exposicións e intervencións por toda a cidade. A idea é sinxela: sacar o arte á rúa e que calquera persoa poida achegarse a velo sen necesidade de entrar nun museo.

Cal é o obxectivo de CAbe?

O proxecto nace para tecer pontes entre o sector público e o privado, dando visibilidade á creación contemporánea en Galicia. Busca democratizar a arte, sacándoa dos seus contornos habituais para que dialogue cos cidadáns nas rúas, comercios e locais hostaleiros.

Que cifras manexa o festival?

Esta primeira edición estréase cun despregue ambicioso con preto de 30 artistas participantes, máis de 40 espazos implicado e máis de 25 exposicións simultáneas.

Que espazos se poden visitar?

O circuíto cultural abrangue desde grandes institucións ata locais a pé de rúa.

Por un lado, conta con museos e fundacións como por exemplo a Fundación Luís Seoane, onde poderemos ver a exposición Xoti de Luis ‘Retrospectiva’, Centro de Arte FMJJ (Fundación María José Jove) coa inauguración do novo espazo o Centro de Arte e Fundación xunto co Museo de Belas Artas da Coruña con visitas guiadas á colección ‘Artistas do século XX’.

Tamén hai unha colaboración coas galerías da cidade como Vilaseco, Nordés, Moret Art e La Marina-José Lorenzo que exporán obra de destacados artistas como Alfonso Sucasas, Enrico Della Torre, Héctor Francesch o Anna Turbau.

Súmaselle 5 espazos únicos que formarán parte da mostra: Isadora Art Decó:
 Exposición Mampaso, Gures Espacio de Arte Efímero:
 Exposición de Elena Corredoira y Jorge Taboada, Cosme & Son:
 Exposición Colectiva (Chelín, Xaime Cabanas, Tim Behrens, Alfonso Abelenda…), Vavava Haus:
 Exposición Dina Bukva Double, Tree by Hilton:
 Exposición Isra Cubillo.

Ademais, abrirán as portas algúns dos estudos artísticos máis importantes da cidade. En concreto serán os de: Óscar Cabana, Edu Albo, Sofía Serrano, Manuel Suárez e Faura Balsa.

Que máis ofrece o programa?

Tamén conta co Coruña Art Tour, un mapa que destaca os máis de 25 locais involucrados co arte local. Son: Café Macondo, Bar B, Café Universal, Miga, Ummagumma, Bristol Bar, El Antiguo, Gatopeixe, Ribera & Cia, La Barra, Taberna Riberita, Taberna O Secreto, Barito, Jazz Filloa, El Taller, Garufa Club, La Dársena, Os Tigres, Vita-K, Rosmón Burger, Malte Atochas, O Pateiro y El Calvario Vintage & Music. Con obras de: Luís Seoane, Vari Caramés, Xaime Cabanas, Labra, Tim Behrens, Diana Aitchison, Luís Rapela, Jorge Cabezas, Bordell, Isabel Gonzáles, Teo Navarro, Perico Castro, Diego Cabezas, Javier Quintela, Manuel Vilariño, Alfonso Abelenda, Ceesepe, Chelín, Joan Miró, Leopoldo Nóvoa, Jorge Espiral, Croma…

E só haberá exposicións de arte?

Non, o programa oficial inclué intervencións artísticas directas na vía pública, mesas redondas, un itinerario gastronómico-artístico ou o Premio Adquisición CAbe e que podes consultar no programa oficial aquí.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego