‘Ti máis eu’ e ‘Ontes fun moi malo’, os primeiros adiantos do novo disco de Grande Amore

Grande Amore prende os motores de cara ao lanzamento do seu novo disco, III. O grupo composto por Clara Redondo, mariagrep e Nuno Pico vén de sacar ‘Ti máis eu’, o novo adianto no que contan coa colaboración de Nacho Vegas e onde se fusionan o galego co asturianu. A canción acompáñaa un novo videoclip dirixido, como xa é habitual, por Xaime Miranda.

Hai menos dun mes, Grande Amore dera o primeiro avance, ‘Ontes fun moi malo’, que conta cun videoclip dirixido por Xaime Miranda e rodado nas parroquias de Frexulfe e Santo Tomé, no Valadouro, na casa de Nuno Pico.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego