O grupo de indie-rock The Rapants que está a ser un dos maiores fenómenos musicais do país, actuará nas Festas de María Pita o vindeiro martes 11 de agosto. O concerto de balde comezará ás 22:00 horas e aspira a converterse nunha das citas máis multitudinarias do verán herculino.
A banda presentará ante o público coruñés o seu último disco, Rapants Club nun escenario polo que tamén pasarán este ano grandes figuras como Ginebras, o día 9, ou Fillas de Cassandra, o vindeiro día 13.
The Rapants convertéronse na primeira banda en visitar #OVagón de Nós Televisión onde compartiron múltiples anécdotas arredor dos anos de traxectoria na escena musical galega.
Noroeste 2026
Ademais dos concertos principais na emblemática praza, o programa herculino destaca por citas tradicionais de gran relevancia como é o caso do Festival Noroeste Estrella Galicia que se celebrará do 5 ao 9 de agosto. Este evento encherá de música gratuíta en sete escenarios históricos da Coruña con actuacións de artistas como Bomba Estéreo, Echo & The Bunnymen, Sés, Bala, Dorian ou Ángel Stanich.
Outros grandes eventos de agosto na Coruña



