Teresa Táboas: “Para ser verdadeiramente nacionalista, hai que ser profundamente universal”

Desde moi nova Teresa Táboas é consciente da importancia do territorio na conformación da identidade galega. Filla de emigrantes galegos, nace na cidade de México, aínda que a familia mantén un contacto constante con Galiza. Fórmase a cabalo entre dúas realidades moi distintas, mais sempre cun apego moi forte á terra na que se acabou por desenvolver profesionalmente.

De firmes conviccións nacionalistas, Táboas foi, desde agosto de 2005 até abril de 2009, Conselleira de Vivenda e Solo da Xunta de Galiza durante o goberno de coalición do PSdeG co BNG. Foi a primeira muller en acceder ao cargo de Decana-Presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a segunda muller Conselleira Titular do Consello Superior dos Consellos de Arquitectos de España desde 1931. En xullo de 2021 é electa membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos.

Reunímonos con ela na Biblioteca do Museo do Pobo Galego para falarmos de nacionalismo,xestión institucional, a importancia de seguir rachando o teito de cristal e os desafíos territoriais aos que se enfronta o noso país.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego