Tareixa Navaza é unha imprescindíbel do xornalismo, o primeiro rostro da televisión en galego. Retransmitiu en 1984 a chegada dos restos de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, ‘pai’ do naciolismo galego, a Domingos de Bonaval, en Compostela. Sufriu censura e tamén gozou do benquerer da xente. Escoitar a Navaza é escoitar á liberdade de expresión.