Tamar Novas volve ás raíces e convértese no pregoeiro da Festa do Queixo 2023

A Festa do Queixo do Arzúa, unha das máis afamadas do país, xa ten data e pregoeiro: o picheleiro Tamar Novas. O que fora premio Goya como actor revelación, cunha exitosa carreira cinematrográfica e televisiva, de pai e avós paternos arzuáns, dará o discurso de apertura do evento, o sábado 4 de marzo ás 11 h no campo da feira de Arzúa.

Volta ás raíces

O actor santiagués, afincado en Madrid, está moi vinculado a Arzúa, pola aldea de seu pai e dos seus avós paternos, Figueiroa. Tamar leva con orgullo as súas raíces e mantén os vínculos con estes lugares, volvendo tanto en festas como o resto do ano para visitar á súa familia e desfrutar da súa terra.

Carreira profesional

Tamar, nado en Santiago o 3de outubro de 1986, debutou como actor con tan só 11 anos en “A Lingua das bolboretas”, e con 18 gañou o Goya Revelación por “Mar adentro”. Ademais de Jose Luis Cuerda e Alejandro Amenábar, traballou entre outros directores e directoras, ás ordes de Pedro Almodóvar, Isabel Coixet, Milos Forman, Daniel Calparsoro ou Gerardo Herrero. Ten feito numerosos traballos en televisión e teatro. Recentemente estreou “O Corpo Aberto”, e ten pendente de estrea a serie “Los pacientesel doctor García” e as películas “Un pasado por delante”, “Nowhere” ou “Justicia Artificial”.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego