Tamar Novas será o pregoeiro das festas do Apóstolo 2022 que arrancarán este 21 de xullo

As festas do Apóstolo encherán de actuacións a cidade de Compostela do 21 ao 31 de xullo. A programación foi presentada este mércores polo concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, quen destacou que este ano “recuperan por fin unha programación completa e de gran variedade tras os dous anos de restricións por mor da pandemia”. Deste xeito, as festas arrancará co pregón a cargo do actor Tamar Novas, “un dos actores de referencia do panorama nacional” así como un “picheleiro de nacemento e de corazón”, que o fai merecente de subir o balcón do Pazo de Raxoi o próximo xoves 21 de xullo.

Despois do pregón “teremos por diante dez días de concertos, cine ao aire libre, circo, danza, espectáculos para os máis pequenos e os xa clásicos cabezudos, Xornadas de folclore, torneo da chave, o día do Traxe Galego, etc.”, anunciou Muíños, que lembrou que anunciou a presenza de artistas da categoría de New York Ska-Jazz Ensemble, Rocío Márquez e Bronquio, Caléxico, Herdeiros da Crus, Jenny and the Mexicats, Garufa Big Band, La Chiva Cantiva, entre moitos outros” nos escenarios habituais da Quintana e o Obradoiro sumamos o parque de Galeras, a praza de Mazarelos. Tamén recordou que o parque de Galeras recibirá un ciclo de nove concertos “para todas as idades e gustos” por onde pasarán artistas como Rufus T. Firefly, Yoly Saa, Grande Amore ou Bala e outros que xa presentamos a semana pasada.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego