A programación destaca por incorporar espectáculos de deseño propio para Pontevedra coma o certame de maxia Pontemaxia ou a colaboración da Banda de Música de Salcedo coa compañía de circo Pistacatro.

A novidade do programa deste ano é a inclusión dunhas lentes homologadas de agasallo para observar de xeito seguro a eclipse solar que coincidirá coas festas da Peregrina e tamén unhas recomendacións específicas de como ver este fenómeno con garantías, da man da Asociación astronómica Sirio.