Takekazu Asaka, nado en Toquio en 1952, é un lingüista e profesor que traduciu ao xaponés obras de autoras en lingua galega, como ‘Os Eidos’ de Uxío Novoneyra ou ‘Cantares gallegos’ de Rosalía, ademais de elaborar a primeira gramática galega para nipóns.
Asaka defínese a si mesmo como “embaixador da cultura galega no Xapón“. En recoñecemento ao seu traballo, entre xuño de 2017 e xuño de 2024 foi membro correspondente da Real Academia Galega (RAG) e o 6 de xuño de 2024 foi nomeado membro de honra pola RAG, razón pola que estivo en Galiza e foi entrevistado por Nós Televisión nas dependencias do Instituto de Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Takekazu Asaka explicou ante as nosas cámaras como entrou en contacto coa lingua galega, ademais do impacto que Uxío Novoneyra causou nel.