No ano 2015 o escritor Suso de Toro impartiu un obradoiro de creación literaria organizado polo Concello de Santiago. Dun xeito inesperado, esa actividade ha ser fundamental na xénese da súa novela Fora de si (2018, Xerais).
Nós televisión acompañou ao novelista no seu reencontro cos participantes daquel curso e asistiu ás conversas sobre o proceso creativo e o oficio da escrita. Mais, o máis sorprendente foi descubrir aquelo que modificou os plans que o escritor tiña para si mesmo naquela altura.
Acompáñanos neste novo traballo da equipa de Nós televisión.