A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) destaca a obra e figura da escritora Susana S. Aríns neste mes de outubro. A autora, nada en Vilagarcía de Arousa, exerce de profesora no IES da Illa de Arousa. Entre os galardóns que distinguen a súa obra atópase o Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé coa obra [de]construçom, editada por Espiral Maior (2009). Dez anos despois, recibiu o Premio aRi[t]mar ao mellor poema galego ao mesmo tempo que se fixo co Premio de las librerías de Madrid ao Mellor libro de ficción por dicen (Deconatus Editorial, 2019), a tradución ao castelán de seique. En 2020 a 2ª edición ampliada de seique (Através Editora, 2019) recebiu o Premio de Narrativa na Gala do Libro Galego. A autota fai parte da plataforma de crítica literaria A Sega.