A Coruña acollerá a sexta edición do ciclo ‘Elas Son Artistas’ que conta con confirmacións musicais de alta calidade como é Alice Wonder, unha das promesas musicais que máis están sonando no Estado. O ciclo de artes e música pola igualdade terá lugar entre os meses de maio e novembro e rematará o 24 de novembro, precisamente co concerto de Alice Wonder no Teatro Colón.
O ciclo conta cunha diversidade de nomes e ten confirmadas 10 actividades nas que destacan os concertos de The Dirty Denims ou Hermana Furia, na sala Mardi Gras; María Toro, no Garufa Club ou a a banda de Nova York, Jane Lee Hooker, Cris Regueiro & The Neo Band no Jazz Filloa. Programaranse tamén outras actividades, como o espectáculo de Su Garrido Pombo mentras pinta Xoana Almar, da Cooperativa Cestola na Cachola, que terá lugar na praza de Azcárraga así como unha exposición na Casa Museo Casares Quiroga, que terá lugar durante todo o mes de setembro.
A concelleira de Comercio, Consumo, Mercados e Barrios, Diana Sobral, informou esta mañá sobre a nova edición do ciclo. “Unha nova cita xa obrigada na Coruña, que se suma á importante programación cultural posta en marcha por este Concello” sinalou. Nesta sexta edición, o ciclo contará con actuacións como María de la Flor, que abrirá a sexta edición este sábado día 15, ou concertos de artistas como Eva Mcbel, Hermana Furia, Carolina Rubirosa ou Aüdra.
A concelleira, Diana Sobral, destacou a importancia de valorar as mulleres artistas e creadoras e lembrou que esta fin de semana a Fundación Luís Seoane acollerá o Ciclo de Vangarda Galega Alternativa, VANGAL, que contará con seis actuacións de mulleres galegas. “Unha coincidencia que amosa a realidade da cultura galega, que ten un futuro indiscutiblemente máis feminino, con máis directoras, pintoras e artistas”.
Primeiros eventos confirmados na sexta edición de Elas Son Artistas:
15 de abril – María de la Flor – Auditorio do Centro Cultural A Fábrica, Concello de Oleiros (20.30 horas)
21 de abril – Eva McBel – Cívico Cultural, Concello de Arteixo (20.30 horas)
13 de maio – Hermana Furia – Sala Mardi Gras, Concello da Coruña
31 de maio – María Toro – Garufa Club, Concello da Coruña
30 de xuño Jane Lee Hooker – Sala Mardi Gras, Concello da Coruña
12 de xullo – Su Garrido Pombo + Xoana Almar, da Cooperativa Cestola na Cachola – Praza de Azcárraga, Concello da Coruña
19 de xullo – Cris Regueiro & The Neo Band – Jazz Filloa, Concello da Coruña
15 de setembro – Carolina Rubirosa e Aüdra – Sala Xulio Cuns, Concello de Betanzos
22 de setembro – Reinas Malas – Auditorio do Edificio usos múltiples do Burgo, Concello de Culleredo
4 de outubro – The Dirty Denims – Sala Mardi Gras, Concello da Coruña
21 de outubro – The Niftys – Sala Mardi Gras, Concello da Coruña
24 de novembro – Alice Wonder – Teatro Colón, Concello da Coruña