SiSONS 2025 encherá Santiago de música, cultura e creatividade

A edición 2025 de SiSONS terá lugar os días 15, 16, 17 e 18 de outubro en distintos espazos emblemáticos de Santiago de Compostela. Organizado por MusicArte e a Asociación Cultural Tres por Cuatro , e co respaldo do Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia, Ministerio de Cultura e a Acción Cultural Española, AC/E. O festival aposta por unha programación que fusiona música en directo, showcases, charlas e actividades para fortalecer o sector musical galego e internacional .

Esta quinta edición de SiSONS distínguese polo seu carácter integrador, combinando actuacións para todos os públicos con encontros profesionais . O evento desenvolverase en espazos como Casa das Máquinas, Borriquita, Riquela, Capitol, Pazo de San Roque e Parque de Bonaval. Contará coa participación de artistas galegos destacados como Deninghures, Sekadra, Crúas, Aksak, Alexia, Fiandola ou Bala , xunto a músicos internacionais como Leni Pérez, KMKR ou o grupo extremeño Neval.

Entre as propostas destacan concertos de entrada gratuíta, ademais dos que se celebran na Sala Capitol , así como actividades de networking, debates sobre dereitos de autor e showcases para promover a música emerxente . O festival culminará con una foliada musical no Parque de Bonaval.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego