‘Sica’, de Cara Subirana, chega hoxe aos cinemas con 50 copias en versión orixinal galega

A coprodución galego-catalá dirixida por Carla Subirana e rodada na Costa da Morte que competiu nos festivais de Berlín e Málaga, ‘Sica’ chega este venres 19 de maio aos cinemas con 50 copias en versión orixinal galega que se poderán ver en toda España. O filme preestrouse no concello de Carballo coa presenza de máis de 250 persoas da comarca que colaboraron na produción.

Sica supón o debut na ficción da directora barcelonesa Carla Subirana (Nadar, Kanimambo, Volar) e rodouse integramente na Costa da Morte e en galego, en convivencia coa lingua catalá. O filme, protagonizado polos actores debutantes, adolescentes da zona, Thais García Blanco, Marco Antonio Florido e María Villaverde, xunto a actriz catalá Núria Prims, é un coming-of-age que conta a busca que leva a cabo unha rapaza de 14 anos, obsesionada con que o mar devolva o corpo do seu pai tras un naufraxio. É unha coprodución entre a produtora catalá Alba Sotorra e a galega Miramemira (O que arde), que conta ademais co apoio do ICEC – Generalitat de Catalunya, AGADIC – Xunta de Galicia, ICAA – Ministerio de cultura, TVE, Televisión de Galicia, TV3 e o Creative Europe Media Program.

Proxeccións especiais presentadas por Carla Subirana esta fin de semana:

Venres 19. Festival de Cans (O Porriño) 17:30h.
Sábado 20. Cines Gran Vía (Vigo). 20:20h.
Domingo 21. NUMAX Cinema (Compostela), 19:30h e 22h.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego