Scottish Fish, Kinnaris Quintet e Fillas de Cassandra no Festival de Ortigueira

Achégase unha nova edición do Festival de Ortigueira, que terá lugar entre o xoves 11 e o domingo 14 de xullo, que vai incluír tres grupos internacionais formados integramente por mulleres. Desde a organización subliñan a importancia deste protagonismo das mulleres no evento para que, ademais de achegar novas perspectivas e estilos, tamén inspiren ás futuras xeracións a sigan os seus pasos e a romper barreiras de xénero.

Scottish Fish

O quinteto é coñecido polo seu entusiasmo xuvenil, arranxos orixinais e actuacións cheas de enerxía, nas que ofrecen unha renovada visión da música tradicional e contemporánea escocesa e bretoa.

Kinnaris Quintet

Con base en Glasgow, Kinnaris Quintet destaca por revitalizar a música tradicional e folk cunha mestura de influencias escocesas, irlandesas, bluegrass, clásicas, escandinavas e dos Apalaches. O quinteto logrou a combinación perfecta sendo fieis ás súas raíces tradicionais, dando como resultado un estilo poderoso, fresco e eufórico que impregnará o Escenario Estrella Galicia de exuberancia e un contaxioso entusiasmo o venres 12.

Fillas de Cassandra

Fillas de Cassandra é o grupo de moda do folk galego e un dos máis reclamados polo público. María Pérez (voz e percusión) e Sara Faro (voz, percusión e piano) subiranse ao Escenario Estrella Galicia por primeira vez o venres 12 para compartir co público da Alameda a súa tradición musical e oral cunha combinación de folklore, electrónica, pop e dramaturxia.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego