More

    ‘Saúde e Terra! Voces da cultura galega’, o novo programa de Nós Televisión

    A entrevista a Xabier Díaz abrirá este novo espazo de entrevistas ás voces da cultura galega

    Nós Televisión estreará este sábado un novo espazo de entrevistas que colocará no centro da axenda mediática galega ás voces da nosa cultura. Para levar este traballo a cabo, a equipa de Nós Televisión alíase con Tingalaranga Audiovisual, con Xosé Bocixa como realizador. Así nace ‘Saúde e Terra! Voces da cultura galega‘, un espazo de entrevistas que traeremos ás vosas pantallas a través do 119 de R e da nosa canle de YouTube.

    A estrea: Xabier Díaz

    Este sábado, 16 de xaneiro, estrearase o primeiro programa de ‘Saúde e Terra!’ con Xabier Díaz. Poderás velo ás 21 horas a través do 119 de R ou da nosa canle de Youtube. 

     

    Faite socia, faite socio

    As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego