A situación do galego no sector do ensino está a ter un papel protagonista nos debates arredor de que tipo de políticas lingüísticas cómpre trazar para mellorar os datos do uso e coñecemento do galego.
Un debate latente a raíz da posta en marcha de once comisións, que xa están traballando, co obxectivo de actualizar o Plan Xeral de Normalización Lingüística.
Buscamos reflexións arredor do ensino, da inmersión lingüística e da auto-organización con Santiago Quiroga, mestre, pedagogo e coordinador nacional das Escolas de ensino galego Semente.