A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega vén de destacar como autor do mes a Samuel Merino, tamén coñecido como Pompa e Boato, creador coñecido polo seus traballos poéticos, teatrais e performativos.
Así, as súas obras, de marcado carácter reflexivo, adoitan tomar corpo na oralidade secundaria dos recitais e en breves presentacións que transitan os camiños do teatro e a performance. Tal é o caso de Mudar a pel (2018) e Vida útil da porcelana – en cocreación coa poeta Silvia Penas (2023) – que gañou o II Premio Pezas dun Teatro do Porvir. Galiza-Portugal.
Tamén resultou gañador de galardóns como o Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey na súa XIII edición (2025) e o Premio Nacional de Poesía Viva L de Lírica (2025).
Entrevista en Nós Televisión
Hai tres anos, Samuel Merino publicou ‘Claustro, corda, comensal‘ co que foi entrevistado no Universo Galaxia de Nós Televisión.



